sábado. 14.03.2026
El tiempo

Feminismo en pé visibiliza a desigualdade con datos e cunha concentración

Datos de Feminismo en Pe sobre a desigualdade copia
Feminismo en pé visibiliza a desigualdade con datos e cunha concentración

Está enchendo a rede de datos singulares o colectivo Feminismo en Pé. Este espazo de convivencia e reivindicación por e para mulleres de Bergantiños, na súa conta de Instagram @feminismoenpe está rescatando datos oficiais do IGE nos que se pon de manifesto a grave desigualdade na que segue vivindo esta sociedade.

Desta interesante colleita ten culpa a cabanesa Candela Martínez, nutricionista xinecolóxica, que continúa formándse cun Doutorado en Ciencias da Saude, sobre o impacto da alimentación na endometriose, que xa leva un par de anos colaborando co colectivo e coa Asoc. Visibles. "Tendo en conta que a temática do 8M vén do Día da Muller Traballadora, e a día de hoxe como moitas veces, como a muller xa se vai incorporando ao mercado de traballo, parece que xa hai equidade. Pero a realidade é que máis alá do teito de cristal, hai moito sesgo de xénero no emprego, como vemos con estes datos, que son moi chamativos", explícanos.  

"Buscando a maneira de visibilizado, chegamos a conclución de que había que poñer sobre a mesa, sobre as redes, datos referenciados, e por iso sacamos de datos oficiais como IGE, para que se visibilice que por exemplo, no sector agrario ou no mar, aínda se di o de "esta muller non traballoas mulleres" para mulleres que o que non fixeron é cotizar, e podemos ir vendo o sesgo de xénero que hai, por exemplom nas pensións das nosas avoas".

Algúns datos interesantes

Son moitas as aristas que repasa Candela na rede. Asuntos sobre os Coidados, e como as responsabilidades familiares son unha das principais causas do absentismo laboral feminino, son recollidos polo colectivo. Lembrando que o 76,4% das interrupcións laborais ou permisos para acompañar aos menores ao médico en Galicia son solicitadas por mulleres; ou que menos do 5% do profesorado de Educación Infantil son homes.

En clave de emprego, o 86% das persoas inactivas son mulleres; que ademais representan o 72% do sector servizos en Galicia (o máis precario).

No rural as mullers asumen unha xornada invisible de 156 horas ao mes non remuneradas, dedicadas aos coidados. Ese traballo doméstico non remunerado estímase que vale 15.000 millóns de euros anuais, o 23% do PIB.

Ademais, as mulleres cobran 421€ menos de pensión que os homes, pola cantidade de días cotizados.

Concentración

Todos estes datos e moitos máis debullaranos na Concentración que van realizar as mulleres do colectivo o propio domingo 8 de marzo ás 12:00h na Praza do Recheo, en Ponteceso, con accións de visiblización dende as 10:30h.

Artigos relacionados

Comentarios