sábado. 14.12.2024
El tiempo

Un menor resulta ferido nun incendio en Erboedo

  • Ademais, ardeu outra habitación no interior dunha vivenda situada na Rúa Anllóns.
Bombeiros no Incendio en Erboedo
Os Bombeiros de Carballo no Incendio en Erboedo
Un menor resulta ferido nun incendio en Erboedo

Esta mañá de venres un menor tivo que ser trasladado ao Centro de Saúde con varias queimaduras na cara por un incendi dunha vivenda en Erboedo, na Laracha.

O suceso acontecía arredor das 8:00h, cando a familia daba alerta ao 112 dende Campo da Ra. Emerxencias mobilizaba ao Bombeiros de Carballo, os axentes da Garda Civil, os voluntarios de Protección Civil da localidade, e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A familia podía saír do edificio, pero o menor sufría queimaduras na cara debido ao lume que se formou nun cuarto do primeiro piso da vivenda, que, quedou danado tanto polo incendio como polo intenso fume producido.

De feito, os bombeiros finalizaron recentemente coa ventilación das distintas estancias e coas medicións de gases correspondentes co fin de garantir as mellores condicións de habitabilidade para a familia. Investigan cal puido ser a causa do incendio.

Novo incendio en Carballo

Bombeiros no Incendio en Carballo

Ademais, esta pasada noite de xoves, arredor das 20:00h, rexistrábase un incendio no interior dunha vivenda situada na Rúa de Anllóns.

Houbo unha persoa ferida, aínda que se descartou o seu traslado ao centro hospitalario, xa que foi suficiente cos coidados proporcioandos polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no mesmo lugar do suceso.

O incendio, como aconteceu en pasadas ocasións, tamén se iniciou nun colchón e acabou provocando danos en toda a habitación.

Ademais dos Bombeiros de Arteixo (os de Carballo estaban noutra intervención), participou Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo e os axentes da Policía Local.

Comentarios