Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Multan a un grupo de 11 moz@s facendo botellón e a 8 persoas que se saltaron o peche perimetral

Multan a un grupo de 11 moz@s facendo botellón e a 8 persoas que se saltaron o peche perimetral

policia-local_1-1

En xeral, a cidadanía da comarca de Bergantiños está cumplindo as novas restricións de xeito exemplar. Pero sempre hai excepcións, como informa esta semana a Policía Local da Laracha, que intensifica estes días, e sobre todo as fins de semana, as labores de control do cumprimento das medidas de prevención ante a Covid-19 establecidas polas autoridades sanitarias.

Así, o pasado venres en torno ás 22:00 horas a Policía Local realizou unha intervención na Avenida Manuel Fraga da Laracha, onde estaba reunido un grupo de once mozos -incumprindo a normativa do límite máximo de seis persoas- e, ademais, supostamente consumindo alcohol na vía pública. Os axentes procederon a disolver o grupo e a tramitar a correspondente denuncia.

Ademais, ao longo da fin de semana, desde o venres ata o domingo, a Policía Local denunciou oito persoas procedentes doutros concellos próximos que se atopaban no termo municipal da Laracha incumprindo a normativa do confinamento perimetral.

Novas multas de seguridade viaria

Por outra banda, a Policía Local da Laracha tamén abriu dilixencias por tres posibles delitos contra a seguridade viaria detectados o pasado venres. Dous deles son contra un condutor reincidente que en torno ás 14:00 horas foi sorprendido polos axentes conducindo co permiso de circulación retirado e cunha taxa na proba de alcoholemia superior a 0,65 miligramos por litro de aire expirado. Unha infracción pola que, con toda probabilidade, terán que ir a prisión.

O terceiro sucedeu ás 22:45 e tamén se tratou dun condutor que superou a taxa máxima de alcohol permitida.

Novas relacionadas

Comentarios