Mércores. 25.11.2020
El tiempo

A Policía Local da Laracha rexistra o primeiro positivo por consumo de cocaína ao volante

A Policía Local da Laracha rexistra o primeiro positivo por consumo de cocaína ao volante

A Policía Local da Laracha realizou esta pasada fin de semana varias probas a condutores de alcoholemia e de consumo de substancias estupefacientes. E de feito, detectou, nun control rutineiro, o primeiro positivo por cocaína, polo que se tramitou a correspondente denuncia administrativa contra o condutor.

Ademais, os axentes instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria a un condutor que cuadriplicou a taxa de alcoholemia. Os feitos producíronse o pasado domingo en torno ás 21:30 horas, cando a patrulla do corpo de seguridade municipal observou como un vehículo realizaba unha condución anómala no casco urbano da Laracha á altura da rúa Maruja Mallo. Os axentes procederon a darlle o alto e a realizar a proba de alcoholemia, que arroxou o resultado de 1,04 miligramos por litro de aire expirado cando o máximo permitido é de 0,25.

Novas relacionadas

comentarios