Nova edición dos tradicionais certames de postais e contos no Nadal larachés

08:05 02/12/20
En marcha unha nova edición dos tradicionais concursos de postais e contos de Nadal do Concello da Laracha. Unha cita imperdoable para o alumnado de educación infantil e primaria dos colexios do municipio co obxectivo esencial de espertar entre os nenos o espírito do Nadal e estimular a súa creatividade nestas datas.
O concurso de postais contará con tres categorías de premios adaptados a cada grupo de idade e con tres galardóns contemplados en cada unha delas.
O concurso de contos vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e está contemplado outorgar tres premios aos traballos que obteñan unha maior valoración.
A data límite será o xoves 17 de decembro, e o venres 18 daranse os gañadores.