Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novas melloras para a piscina da Laracha

Aberta a circulación a nova vía que prolonga a Avenida Manuel Fraga ata a Avenida López Astray
Gonzalo Trenor acodiu acompañado polo alcalde José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Rocío López.
Novas melloras para a piscina da Laracha

Visita institucional onte ao complexo deportivo da piscina municipal e visitar da Laracha para dar conta das actuacións de melloras que Xunta e Concello van desenvolver por valor de 65.000€.

Por unha parte realizarase unha completa mellora na cuberta, que presenta unha superficie aproximada de 700 metros cadrados, co propósito de impermeabilizala e evitar posibles filtracións de auga.
No ximnasio será renovado o pavimento nos seus 196 metros cadrados de superficie. Instalarase un novo de tipo deportivo e apto para a colocación de maquinaria.
Na zona da piscina actuarase no pavimento coa fin de evitar filtracións cara as praias e, por tanto, a perda de auga do vaso.
Tamén se contempla a reforma da fachada cunha intervención de mantemento e reparación da madeira do revestimento exterior do edificio.

+

Aberta a circulación na Avenida Manuel Fraga

Onte abriuse de novo, tralas obras realizadas por un total de 245.000€, á circulación a nova vía creada na Laracha que prolonga a Avenida Manuel Fraga pola parte posterior do IES Agra de Leborís e a comunica directamente coa Avenida Doutor López Astray a través da rúa Maruja Mallo.

Comentarios