O Conxuro prepara o pavillón da Laracha para o Campionato III Fase de Niveis de Patín
O CP Conxuro organiza esta vindeira mañá de sábado 28 de setembro o Campionato III Fase de Niveis (Niveis 4 ó 10) da zona Norte. O pavillón Municpal da Laracha acollerá esta proba federativa oficial á que acudirán preto de 100 patinadoras da provicia da Coruña, e na que executarán o seu programa para intentar acadar o seguinte nivel
Tomarán parte no evento 14 clubs de patinaxe de toda a provincia: Escola Lubiáns de Carballo, Club Patiart,CP Aura, Club Deportivo Fervello, CPA Inercia, CPA As Pontes, CP Lenda, CPA Brincadeira, CPA O Corgo, CP Alquimia, CPA Costa da Morte, CP Axel , Club Compañia de Maria e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.
O CP Conxuro presenta a 14 das súas patinadoras:
Nivel 4 (ás 9:30h):
- Carmen Garcia
- Lucia Garcia
- Valeria Couto
- Hugo Pensado
- Candela Tuset
Nivel 5 (ás 11:40h):
- Sofía Bello
Nivel 6 (ás 12:35):
- Mia Muñiz
- Shaila Ares
- Jimena Felipez
- Daniela Antelo
NIvel 7 (ás 13:35):
- Elena Olveira
- Maria Garcia
Nivel 9 (ás 13:55):
- Lara Roca
- Africa Rodriguez
Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, Deporte Galego e os patrocinadores Argalla e Maluca Lobe.
Na xornada do sábado da seguinte fin de semana, sábado 5 de outubro, o club larachés organizará tamén o campionato correspondente a III Fase Niveis (Niveis 1 ó 3) no participarán outra tande de máis de 100 patinadoras.