Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Obradoiro de Emprego da Laracha mellora a pasarela de madeira do paseo fluvial do Anllóns

Obradoiro de emprego no paseo fluvial do Anllons
O Obradoiro de Emprego da Laracha mellora a pasarela de madeira do paseo fluvial do Anllóns

Aproveita á perfección o Concello da Laracha a labor dos alumn@s-traballadores do Obradoiro de Emprego A Laracha V de especialidade carpintería de madeira. O programa dual que conta coa financiación da Xunta, forma e emprega a 10 persoas (ía empezar en primavera pero tivo que adiarse pola pandemia), que fan os seus primeiros traballos coa madeira en infraestruturas locais.

Así estes días traballan arreo na mellora e restauración das pasarelas de madeira do paseo fluvial do Anllóns, un xeito de que o investimento (863.000 euros dos que 302.000 destínanse exclusivamente á adquisición do material para a renovación do paseo fluvial) sirva para manter vivas as

Tamén a outra especialidade do obradoiro, a de pintura industrial, reiniciou a súa actividade e nestes momentos centra os seus traballos tanto no interior como nas fachadas exteriores da Casa da Concello. Outros puntos de intervención serán o centro sociocultural de Paiosaco, as pistas polideportivas descubertas de O Vilar (Cabovilaño) e Cumiáns (Montemaior) e os báculos da iluminación pública.

Novas relacionadas

Comentarios