Obras na Casa do Concello da Laracha da man do Obradoiro de Emprego
Os andamios tapan estas semanas a Casa do Concello da Laracha. E faino pola actividade obradoiro de emprego A Laracha V, o programa dual de formación e emprego promovido e financiado polo Concello e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Os 10 alumnos-traballadores da especialidade de pintura están a darlle unha man á Casa Consistorial, tanto por fóra como por dentro.
Unha vez completados os traballos previstos na Casa do Concello, o seguinte punto de intervención será o centro sociocultural de Paiosaco e, a continuación, os báculos de iluminación pública e as pistas polideportivas descubertas de O Vilar (Cabovilaño) e Cumiáns (Montemaior).
Mentres, a outra especialidade, a de carpintería de madeira, centra a súa actividade na renovación da pasarela do paseo fluvial do Anllóns.