Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Peche ao Obradoiro de Emprego da Laracha

Peche ao Obradoiro de Emprego da Laracha

Foi a de onte unha xornada de clausura dos Obradoiros de Emprego da comarca. Así aconteceu no de Santa Comba, no de Camariñas-Vimianzo-Muxía e tamén no de Dumbría-Cee-Corcubioón.

Na Laracha, fíxose entrega de diplomas aos 20 participantes no obradoiro dual de emprego A Laracha VII. Durante 9 meses estiveron aprendendo en materia de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes e pintura industrial en construción, especialidades nas que agora xa teñen unha titulación, un certificado de profesionalidade. Unha profesión, en definitiva.

Destacaron que obradoiros duais de emprego como “ponte idónea” para a inserción de traballadoras e traballadores no mercado de traballo, mediante un modelo que asegura, dixo, “unha eficaz conexión entre a formación recibida e o desempeño profesional”.

Os alumnos do obradoiro que hoxe terminou, na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes, aplicaron os seus coñecementos en prácticas realizadas nos centros de día da Laracha e Arteixo e na residencia Padre Rubinos da Coruña.

No caso das persoas que se formaron en pintura industrial, puideron aportar os seus coñecementos en intervencións realizadas en edificios públicos e equipamentos de titularidade municipal, como os centros socioculturais ou o campo de fútbol de Paiosaco.

A Xunta investiu na actividade A Laracha VII, case 350.000€. “Son programas polos que seguimos apostando na nova convocatoria 2022/2023, que se vén de resolver, e coa que agardamos, tras unha ampliación de crédito de 10 millóns que estamos tramitando, que aproximadamente 2.000 persoas sen emprego melloren a súa cualificación, ao tempo q e acceden a un traballo a través do cento de obradoiros previstos; con dúas grandes novidades: un incremento do orzamento que chega aos 50,8 millóns de euros e unha ampliación do período de formación, que pasa dos 9 aos 12 meses”, anunciaron.

Novas relacionadas

Comentarios