Venres. 11.10.2024
El tiempo

Sacando o Curso de Manipulador de Alimentos no Obradoiro de Emprego da Laracha

Sacando o Curso de Manipulador de Alimentos no Obradoiro de Emprego da Laracha

Completa a súa formación o alumnado do Obradoiro de Emprego VII A Laracha de Atención Sociosanitaria a semana pasada sacando o Curso de Manipulación de Alimentos. Trátase dun curso de 4 horas, impartido por unha empresa acreditada, necesario para traballar en calquera proceso vinculado coa comida. Nel puideron ampliar coñecementos e traballar conceptos de interese para o seu labor profesional, tales como a cadea alimentaria, os axentes contaminantes, métodos de conservación de alimentos, alerxias, dietas especiais, etc.

As alumnas comezarán as prácticas en centros de día e residenciais da Laracha, Arteixo e A Coruña a partir do próximo 7 de marzo, o que lles permitirá coñecer a realidade de tres centros de traballo diferentes. Será grazas aos convenios de colaboración asinados entre o Concello da Laracha, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos.

Especialidade de pintura industrial en construción

Así mesmo, a outra especialidade, da que forman parte outros dez alumnos traballadores, continúa desenvolvendo a fase formativa práctica coa realización de traballos de mellora de instalacións de titularidade municipal.

Comentarios