Venres. 26.04.2024
El tiempo

Piden que a Xunta retome "a vella promesa" dunha pasarela cuberta no IES Agra Leborís

BNG da Laracha no IES Agra Leboris
Membros do BNG da Laracha no IES Agra Leboris
Piden que a Xunta retome "a vella promesa" dunha pasarela cuberta no IES Agra Leborís

Dende o BNG da Laracha aseguran que veñen a recibir varias queixas por parte de pais e nais do alumnado do Instituto da Laracha "porque os seus fillos e fillas teñen que soportar as inclemencias climáticas antes de entrar nas aulas que , se ven non é un tempo excesivo, no peor do inverno provoca que a rapazada teña que estar a intemperie".

As familias, segundo Carolina Castiñeiras Brandón, portavoz do Grupo Municipal do BNG, consideran que "sería positivo que poidesen pasar mais tempo fóra nas horas de recreo sen ter que estar expostos á choiva. Todo isto tería solución dotando as instalacións dunhas zonas cubertas exteriores", apunta.

Lembran dende o grupo "a vella promesa que  fixera o daquela conselleiro de educación Jesus Vázquez, na súa visita ao colexio Otero Pedraio, dunha pasarela cuberta entre os dous edificios existentes naquel momento". De aí que vaia solicitar ao Pleno que "reclame á Consellería de Educación da Xunta de Galicia acometer obras nos recintos educativos da capital municipal, Instituto Agra de Leborís e Colexio Otero Pedraio, para dotar ambas instalacións de espazos exteriores cubertos onde resgardarse da choiva".

Comentarios