Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Plan de Emprego da Laracha forma 15 persoas sobre o servizo de comidas en centros sanitarios

Laracha- Programa Integrado de Emprego
José Manuel López Varela, e a concelleira de Emprego, Rocío López, achegáronse a Lendo para darlles a benvida ás participantes.
O Plan de Emprego da Laracha forma 15 persoas sobre o servizo de comidas en centros sanitarios

O Programa Integrado de Emprego que se está a desenvolver na Laracha iniciou onte unha acción formativa específica sobre o servizo de comidas en centros sanitarios e sociosanitarios. Conta con quince participantes, que aprenderán as estratexias e modos de actuación nos comedores destes centros de restauración colectiva.

O curso vaise desenvolver ata o 22 de marzo nas instalacións do centro sociocultural de Lendo, que conta co equipamento necesario para poder levar a cabo esta iniciativa.

As accións formativas do Programa Integrado de Emprego da Laracha pretenden "dar resposta ás oportunidades laborais existentes no municipio e na súa área de influencia en sectores con crecente demanda de traballadores cualificados". Ademais da que comezou, tamén se realizan cursos relacionados coa hostalería -cociña e restauración básica-, loxística -xestión e condución da carretilla elevadora-, comercio -xestión de vendas, marketing directo e utilización de redes sociais na xestión comercial- e servizos -operario de limpeza-.

Para completar as accións formativas, o servizo de orientación laboral do Programa Integrado de Emprego promove a realización de prácticas non laborais en empresas colaboradoras. Con este fin realízase unha labor de prospección laboral, tanto achegándose ao sector empresarial comarcal como xestionando ofertas de emprego remitidas por empresas que se atopen na procura de persoal capacitado.

Se algunha empresa está interesada, pode poñerse en contacto co persoal técnico do Programa Integrado de Emprego da Laracha por teléfono chamando aos números 981309891, 981612811 ou 621007079, ou ben por correo electrónico en [email protected].

Comentarios