Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Pleno unánime na Laracha

  • Xunta e Concello asinan un acordo para humanizar a contorna do Campo da Feira de Paiosaco
Pleno unánime na Laracha

Todos os puntos da orde do día do pleno do pasado venres resultaron aprobados por unanimidade. A proposta do grupo de goberno para o Plan Único Concellos (POS+) da Deputación da Coruña (máis de 800.000€) foi aprobada por consenso.

Igualmente houbo unanimidade na aprobación da concesión dunha bonificación do 95% no imposto municipal de construcións, instalacións e obras (ICIO) ao proxecto de creación da nave industrial da firma Unifersa no parque empresarial da Laracha. Un incentivo (unha rebaixa de 124.000€) para favorecer a inclusión de empresas e fomentar o emprego no polígono.
Para o alcalde, “as medidas de rebaixa de impostos e taxas municipais favorecen que as empresas poidan dar o paso e asentarse na Laracha, o que repercute no aumento das oportunidades laborais para os nosos veciños”.

O pleno tamén aprobou uunha moción na que se acordou realizar actividades en torno ao Día de Rosalía -23 de febreiro- para enxalzar a figura da escritora e promover a súa obra.

Obras na estrada Bos Aires

A execución do proxecto de mellora da estrada que enlaza os núcleos de Bos Aires e O Pereiro avanza. O proxecto forma parte do Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo, xa que facilitará os accesos ao colexio tanto para os autobuses do transporte escolar como para os vehículos particulares e as persoas que acoden ao centro a pé.
O proxecto prevé a ampliación da plataforma da calzada en seis metros máis ata alcanzar os 10,60 metros. A fase inicial das obras xa está completada tras realizarse o laborioso movemento de terra e a explanación do terreo.

Obras na contorna do Campo da Feira de Paiosaco

A conselleira de Medio Ambiente e o alcalde da Laracha asinan un convenio de colaboración para a execución dunha actuación urbanística. 

foto xoán crespo
01/02/2022

Acordaron tamén o pasado venres, Concello e Xunta, un convenio de colaboración que permitirá humanizar as rúas do entorno do campo da feira de Paiosaco. Son 130.000 euros para crear uns espazos urbanos máis amables para os peóns, dotándoos dunha maior comodidade e seguridade, grazas á ampliación de beirarrúas, incluso creando un tramo novo nas proximidades do campo da feira.

Novas relacionadas

Comentarios