Martes. 16.04.2024
El tiempo

O PSOE larachés tamén pide ao goberno central poder usar o 100% do remanente

Imaxe do último pleno
O PSOE larachés tamén pide ao goberno central poder usar o 100% do remanente

O PSOE da Laracha vén a súa proposta para establecer un Plan de reactivación económica, que convela a modificación dos orzamentos aprobados no seu día.

Propón crear unha mesa de traballo con representación de todos os grupos municipais e coa asistencia para tratar as seguintes sesións:

  • 1. Reclamar que o Goberno de España desbloquee o uso do 100% da remanente orzamentaria, e poder usar así moito máis do millón de euros que o grupo de goberno xa certificou que vai usar para paliar a crise.
  • 2. Destinar as partidas de festexos á constitución dun fondo de dinamización da economía municipal para paliar parte dos efectos da crise económica xerada pola COVID-19, ante a suspensión dos diversos eventos festivos.
  • 3. Aprobar un plan especial de pago dos impostos e taxas municipais, permitindo pospoñelos ata que se supere o estado de alarma para as persoas que o soliciten, e deseñando un sistema flexible de pagos posteriores ou supresión no caso dos que teñan relación con servizos non recibidos (actividades deportivas ou culturais). Este plan terá en especial consideración as taxas e impostos relativos a actividade económica desenvolvida no Concello de A Laracha.
  • 4. Crear un fondo de continxencia para a convocatoria extraordinaria a axudas ao aluguer, gastos de cotas de autónomo e outros gastos asociados á actividade de pemes e autónomos, así como promover outro paquete de axudas para estimular a actividade empresarial e o emprego no concello.
  • 5. Alentar un compromiso do Goberno municipal o pago inmediato das facturas pendentes de abono aos provedores con carácter retroactivo de un mes dende o inicio do Estado de Alarma.
  • 6. Crear unha oficina municipal que dea soporte ás persoas autónomas para asesoralas nestes intres sobre axudas que teñan dispoñibles e para orientalas cando se reactive a actividade.

Protocolo deportivo

Ademais, volve enfocar a chamada “desescalada” no eido deportivo. Paloma Rodríguez presentou unha petición no Concello da Laracha sobre elaboración dun protocolo específico, para aplicar, tras a apertura das instalacións deportivas co obxecto de favorecer, unha contorna segura, para volver á práctica do deporte de forma progresiva e graduada coa prudencia que require a situación. O xoves 30 de abril presentamos un plan de dinamización económica e garantía social no Concello da Laracha e enviamos nota de prensa. Adxúntoche por si non che chegou. Un saúdo agarimoso.

Novas relacionadas

Comentarios