Xoves. 28.05.2020
El tiempo

O PSOE da Laracha propón crear un grupo de traballo para recuperar o sector deportivo

Paloma Rodriguez, voceira do PSOE Laracha
Paloma Rodriguez, voceira do PSOE Laracha
O PSOE da Laracha propón crear un grupo de traballo para recuperar o sector deportivo

Non hai dúbida do impacto dramático na comunidade deportiva, (clubs, persoas traballadoras, persoas afeccionadas e persoas que practican deporte) con ligas e competicións profesionais e amateurs canceladas, recolocadas e pospostas. Vai custar volver á normalidade polo que a incerteza fai necesario que os concellos vaian tomando medidas para promover e fomentar a práctica do deporte así como asegurar a estabilidade económica dos clubs.

Nesa liña, a voceira do PSOE da Laracha; Paloma Rodríguez, solicita que o Concello aborde a situación con urxencia pensando xa na chamada “desescalada”, e “buscando fórmulas para ir adaptando á maior brevidade posible a actividade deportiva de nenos e nenas, persoas maiores, homes, mulleres, ... á situación actual”

Por iso propón crear un grupo de traballo, no cal estaría integrado a concelleira de Deportes, un representante de cada formación política, un representante das entidades, asociacións… para intercambiar iniciativas cos responsables de xestionar e promover o deporte, identificar a situación actual e as necesidades do sector, abordar estratexias para recuperar a capacidade operativa do ámbito da actividade física e do deporte da Laracha, e deseñar plans de futuro a corto, medio e longo prazo para os diferentes sectores implicados.

Piden ademais non facer recortes na Concellería de Deportes, e coordinar coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación Provincial da Coruña un plan especial de axuda pública ao deporte larachés nas súas diversas e diferentes realidades, para que non quede ningún fóra.

comentarios