Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Rescatan o Vello Camiño de Santiago que pasa por Bergantiños

Itinerario Vello Camino de Santiago copia
Itinerario do Vello Camiño de Santiago entre A Coruña e Betanzos e Santiago
Rescatan o Vello Camiño de Santiago que pasa por Bergantiños

Despois de varios anos de investigación, o Club de Leones quere rescatar o coñecido como Vello Camiño de Santiago. Un novo itinerario xacobeo que percorre a provincia da Coruña seguindo a cartografía antiga, da que se conservan documentos históricos de máis de 200 anos de antigüidade que certifican a súa existencia.
Un itinerario perfectamente compatible coa Vía Céltica, coa que se deberían establecer sinerxias.

Xose Regueira co Club de Leons na Deputacion
Xose Regueira recibiu ao Club de Leóns na Deputación

O vicepresidente da Deputación e responsable da área de turismo, Xosé Regueira, escoitou as propostas da directiva do Clube de Leóns da Coruña Torre de Hércules, da man de Manuel Rodríguez, vicepresidente e tesoureiro, e Carmen Payá e Belén Montes, historiadoras encargadas do deseño do estudo para establecer os trazados.

A primeira proposta é crear a Asociación Amigos do Vello Camiño de Santiago, da que poderían formar parte os concellos de Arteixo, A Laracha, Carballo, Cerceda, Cambre, Carral, Tordoia, Trazo, Abegondo, Betanzos, Santiago e A Coruña.

O Vello Camiño conta co recoñecemento da Igrexa, pero aínda non co da Xunta de Galicia, de aí que Regueira invitara aos Leóns a xuntarse co administración galega para apurar o recoñecemento e poder optar a subvencións.

Itinerarios

O Vello Camiño ten dúas variantes. Unha parte de Betanzos e a outra, da igrexa de Santiago, na Coruña, aínda que as dúas conflúen en Rodís (Cerceda) para entrar na capital galega polo barrio de Vista Alegre. Cada itinerario percorre uns 100 quilómetros, na súa maior parte por camiños de terra e entre aldeas, formando unhas 4 ou 5 etapas.

Comentarios