Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Sufocado un incendio nun vehículo na AG-55

Incendio Laracha
Sufocado un incendio nun vehículo na AG-55
Os Servizos de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Carballo recibiron, hoxe, o aviso dun incendio orixinado nun coche na AG-55, na saída do peaxe da Laracha (parroquia de Lendo).

Cando chegaron ao lugar do incidente, os efectivos realizaron unha inspección perimetral do lugar, observando que se trataba dun coche en chamas situado entre os dous carrís da autoestrada. Tras realizar os labores de delimitación correspondentes, o persoal procedeu á extinción do incendio.

Comentarios