Sufocan o incendio dun vehículo na AG-552

19:15 06/04/25
Os bombeiros do parque provincial de Arteixo participaron, ao redor das 13:13 horas deste domingo 6 de abril, na extinción dun vehículo ardendo na AG-552 no punto quilométrico 16,5, en dirección Paiosaco.
O incidente resultou sen feridos e só houbo que lamentar danos materiais.