venres. 24.01.2025
El tiempo

Sufocan un incendio na nave de cerámica de Lendo

INCENDIO Nave A LARACHA
Sufocan un incendio na nave de cerámica de Lendo

Os bombeiros do parque Provincial de Carballo participaron na media noite do sábado ao domingo,  nun operativo provocado polo incendio dunha nave da planta de Cerámica Campo na parroquia de Lendo, no Concello da Laracha.

O incendio ocorreu na zona do secadeiro de cerámica. O equipo de Bombeiros tratou de sufocar o incendio con dúas liñas de auga, pero por mor das altas temperaturas e a que a instalación de hidrantes da fábrica non estaba operativa, solicitaron a colaboración doutro parque, chegando ao lugar o SPEIS02 de Arteixo sobre as 01:30 horas.

Unha vez realizada a extinción, accedeuse ao interior para refrixerar e comprobouse que no chan hai uns 20 cm de auga mezclada con líquido de tipo oleoso e cor negra. Ás 03:27 horas retíranse todos os medios co lume xa extinguido, pero como segue a saír fume indícaselle ao persoal de fábrica que manteñan a vixilancia na zona. Posteriormente, ás 07:45 horas, os bombeiros do parque Provincial de Carballo volven ao lugar para facer máis comprobacións e avaliar a situación, volvendo a refrixerar ao comprobar que había zonas que seguían con altas temperaturas. Non houbo feridos. Descoñécese a orixe do lume porque a información facilitada non foi clara.

No operativo participou un cabo e dous bombeiros do Parque Provincial de Carballo, a Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e o bombeiros do SPEIS02 Arteixo.

INCENDIO A LARACHA Nave

Comentarios