venres. 07.02.2025
El tiempo

Sufocan un incendio nun colector de lixo e un galpón na Laracha

Incendio colector. Concello Laracha
Sufocan un incendio nun colector de lixo e un galpón na Laracha
Esta pasada noite os membros de Protección Civil tiveron que sufocar un incendio nun colector de lixo na rúa Manuel Fraga Iribarne, no Concello da Laracha.

De contado chegaron os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo, que tamén descoñecen a orixe do lume

Logo da extinción das chamas comprobouse que a situación quedou totalmente controlada.

Incendio nun galpón anexo a  unha vivenda en Groba-Golmar

Bombeiros Carballo-Galpón (3)

Así mesmo, os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo tiveron que acodir por un lume nun galpón de Groba – Golmar, no Concello e Laracha.

 Na chegada ao galpón procedéuse á extinción do lume. Na vivenda non houbo danos xa que aporta que comunica ambas estancias estaba pechada; de todos modos, colocouse o ventilador de presión positiva para expulsar o fume que entrou ao abrir a porta para extinguir o incendio.

Os danos foron mínimos e afectaron só a unha pequena parte do galpón pero non á súa estrutura.

Bombeiros Carballo-Galpón (1)

Comentarios