Venres. 07.05.2021
El tiempo

O surf tamén chega ás aulas de Caión e Paisaco

O surf tamén chega ás aulas de Caión e Paisaco

Como pasa Camariñas e Malpica, o surf tamén atracou nos colexios de Caión e Paiosaco. O programa “Aprende a través do surfing” permite ao alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP de Caión e do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco a vivir a cultura acuática dende o programa educativo.

Despois da creación dunha comunidade arredor do surf, o alumnado participa nunha sesión en liña, para posteriormentre levar o aprendido ás ondas. Todo durante o horario lectivo.

Os de Caión xa completaron as sesións, mentres que os de Paisaco esperan facer a máis divertida, a da praia, estes días.

O programa está promovido pola Federación Española de Surfing e a asociación Surf And Clean, apoiado pola Deputación da Coruña e polo Concello da Laracha e impartido en diferentes municipios da Costa da Morte por cinco escolas de surf galegas.

Novas relacionadas

  •  

comentarios