Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta recúa e non suprime a terceira aula de Primaria no CEIP de Caión

Carreira Solidaria no cole de Caion
A rapazada do CEIP de Caión nunha Carreira Solidaria
A Xunta recúa e non suprime a terceira aula de Primaria no CEIP de Caión

Asegura a Xunta que se tratou dun “erro”, e que o recorte no CEIP de Caión non se vai producir. Así llo explicaba este martes a Inspección ao director do Centro nunha conversa telefónica, sinalando que xa están publicadas as listas definitivas e o centro mantén a terceira aula de Primaria. “Os anos de vida quitástenolos igual”, deixaban claro dende a comunidade educativa, satisfeitos de que, en calquera caso, as mobilizacións provocaran un terremoto a nivel administrativo.

”Esperemos que sirva para outras escolas. A nós saíunos ben pero hai que seguir, non pode ser que só aprendan a base de protestas”, sinala o presidente da ANPA Paco Rei.

Novas relacionadas

Comentarios