Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O pleno da Laracha apoia as reivindicacións contra os recortes no CEIP de Caión

IMG-20210730-WA0008
Concentración
O pleno da Laracha apoia as reivindicacións contra os recortes no CEIP de Caión

Esta mañá o pleno ao completo demostraba o seu apoio á comunidade escolar do CEIP de Caión ante o recorte anunciado esta semana pola Xunta polo cal pasará de ter 3 unidades de Primaria a 2.

Dentro do pleno houbo consenso na declaración institucional de apoio á comunidade educativa do CEIP de Caión en mostra do apoio do Concello á súa solicitude de que se manteñan as tres aulas de primaria no centro de cara ao curso escolar 2021-22. A lectura do texto por parte do alcalde, José Manuel López Varela, en nome da Corporación municipal concluíu cos aplausos do director do colexio, do equipo docente e do presidente da ANPA A Balea que estiveron presentes no Pleno. O comunicado deixa claro que non se entende que por un neno se faga este recorte unha unidade, tendo que quedar nunha soa aula alumnado de 3 anos 

Fóra os voceiros dos tres grupos amosaron o seu apoio ás familias, que esperan que as boas palabras se traduzan en feitos.

IMG-20210730-WA0015

Comentarios