Abre en Ponteceso unha Oficina Acelera Pyme da Deputación

07:59 02/03/23
Visitou onte o presidente da Deputación Valentín González Formoso Ponteceso para “inaugurar” a nova oficina ‘Acelera Pyme’ da localidade. Foi no marco da clausura e no café-networking posterior dun obradoiro de márketing dixital destinado a pemes e emprendedores, a primeira actividade que acolle o centro.
Unha oficina, situada no Polígono de Tella, gracias á colaboración da Asociación de Empresarios do Parque de Tella que preside José Ramón Pombo Imia, que trata de “crear actividade a axudar a frear o despoboamento do rural”, afondando no “procesos de dixitalización” das empresas.
A Oficina Acelera Pyme da Deputación da Coruña draá soporte e asesoramento aos 93 concellos da provincia desde a sede da Asociación de Empresarios do polígono empresarial Tella.