Unha vintena de proxectos emprendedores desenvólvense na 6ª edición do Coworking Cabana

Arrincaba onte a sexta edición do Espazo Coworking Costa da Morte. A Casa do Pendón inauguraba esta iniciativa da Xunta a través do Igape en colaboración coa EOI e o Concello de Cabana, para fomentar o emprendemento na comarca. Durante 6 meses, as instalacións cabanesas servirán como punto de traballo para 24 persoas emprendedoras de toda a Costa da Morte.
Deste xeito, unha vintenta de proxectos vencellados co turismo, a difusión cultural, a agroalimentación, a artesanía ou a saúde.iranse desenvolvendo co apoio de profesionais, especialistas e formadores.
Así, oroxectos de turismo activo, clínicas de saúde e nutrición, un laboratorio dixital de próteses dentais, aloxamentos rurais, a creación de produtos de artesanía e accesión, unha empresa de elaboración e procesado de produtos alimentarios ou a prestación de servizos sociais, son iniciativas que irán collendo forma nesta incubadora de proxectos.
NOVAS EMPRENDENDORAS
- 2022: Aberto o prazo para unha nova temporada do Carballo Coworking.
- Unha Arroutada de emprendemento na Milla de Ouro de Muxía.
- Fran Gorín: "Recoméndolle á xente moza que se anime a emprender e, se é na súa zona, moito mellor”.
- Toño González: "Quedarei na Costa da Morte, e estarei orgulloso de ser culpable de que se sinta máis viva que nunca”.
- Pilar Trillo: "Foi unha sorte coñecer a outros emprendedores na mesma situación e poñer en común os nosos proxectos”.
- O futuro empresarial da Costa da Morte citouse no peche do Coworking.
- Susana Suárez, Alicia Novás e Palmira Castro: Tres mulleres emprendedoras na Costa da Morte.
- Susana Salgado, unha empresaria muller no sector da Construción da Costa da Morte.