Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Polo de Emprendemento de Coristanco xa axuda a 35 emprededor@s

POLO emprendemento Coristanco
Visita institucional ao Polo
O Polo de Emprendemento de Coristanco xa axuda a 35 emprededor@s

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa é todo un polo de atracción, convertido no último ano tamén nun Polo de Emprendemento. Ademais de acoller o grupo de traballo Terractiva, que en colaboración coa Universidade trata de establecer un marco metodolóxico para apoiar aos novos entrantes no sector primario, o centro coristanqués é a sede dun dos 12 primeiros Polos de Emprendemento instaurados a final de ano pola Xunta de Galicia.

Onte recibía unha visita institucional para ver de preto o traballo que levan facendo case un no os nov@s profesionais encargad@s de desenvolver o proxecto, como son Manuel Pose Soneira (Ponteceso) e Ana Randolfe Grande (Chantada), para prestar servizo a 29 concellos desta área.

Nace aí para aproveitar as sinerxias que xera un dos epicentros do sector en todo pais, e nace coa necesidade de visibilizar ao máximo este servizo pioneiro de asesoramento para novos proxectos empresariais e novos emprendedor@s.
Pero ademais conta cunha sala de reunións e un espazo de coworking para que @s emprendedor@s que estean poñendo en marcha o seu proxecto poidan traballar, da man dos asesor@s.

Ademais dese servizo de asesoramento directo, a intención do Polo é crear unha rede de emprendedores, que sirva para que estes compartan as súas necesidades e os seus obxectivos. A intención, como recoñeceron os responsables, é acompañan desde o comezo e durante cada etapa ás persoas que inician a súa andaina empresarial, para que sexan quen de emprender en condicións de seguridade e para garantir que os seus negocios medren e se consoliden no tempo”.

Non fica aí o interese de crear sinerxias. A entidade está intentando poñer en contacto as diferentes asociacións de empresarios e emprendedores para que unan forzas e focalicen as demandas máis necesarias a nivel territorial.

Así, os profesionais tamén están buscando o apoio dos Concellos, para que a través dos Axentes de Desenvolvemento Local poidan ir redirixindo proxectos.

En breve comezarán xa cos seus “Venres de polos”, unhas xornadas nas que as charlas e os debates sobre proxectos concretos.

Polo de pronto tras uns meses de funcionamento, desde o pasado mes de outubro, este polo presta asesoramento na actualidade a 35 proxectos de emprendemento de 18 mulleres e 25 homes que están recibindo acompañamento persoalizado e adaptado ao estado no que se atope o seu proxecto empresarial. Dez deles atópanse na etapa Emerxer, catro na etapa Explorar, seis na de Executar e cinco na de Expandir.

Novas relacionadas

Comentarios