Martes. 19.03.2024
El tiempo

A vimiancesa Maica Pastoriza tece pontes coa lusofonía coa súa poesía

Maica Pastoriza en Cultura Sem Fronteiras
Maica Pastoriza participa no libro "Cultura Sem Fronteiras"
A vimiancesa Maica Pastoriza tece pontes coa lusofonía coa súa poesía

Natural da Piroga, entre Vimianzo e Baio, Maica Pastoriza leva escribindo dende os 10 anos, pero maioritariamente en segredo, “nunca lle din importancia ás miñas poesías”. Poucos coñecían a súa arte, pero pouco a pouco foi saíndo do armario e empezou a presentarse a concursos. E xa leva uns cantos premios, como os certames polo Día da Muller de Cee, ao igual que o seu fillo Darío Miranda, que ademais de triunfar na súa carreira como farmacéutico, tamén escribe poesía.

Desta volta, paramos na Piroga para coñecer a nova obra que vén de saír en Porto (Portugal) e que mestura autores galegos e portugueses. Trátase dun libro de poesía, “Cultura sem fronteiras”, que afonda na irmandade poética e artística galaico-lusa.

”Na escrita eu encóntrome a min mesma e desafogome. A escrita forma parte da miña vida”, describe.

Un poema de Maica Pastoriza

Novas relacionadas

Comentarios