Mércores. 01.04.2020
El tiempo

26 [email protected] comezaron a 5ª edición do programa formativo Coworking Costa da Morte

Inauguración da 5ª Edición coworking Costa da Morte en Cabana
Inauguración da 5ª Edición coworking Costa da Morte en Cabana
26 [email protected] comezaron a 5ª edición do programa formativo Coworking Costa da Morte

Un total de 26 emprendendores comezaron onte a súa andaina formativa na 5ª edición do Coworking Costa da Morte. Unha iniciativa moi personalizada que permite aos novos profesionais enfocar con maior tino o seu proxecto empresarial, ao máis puro estilo dura “aceleradora empresarial”.

Xa comprobamos o ano pasado o éxito da cuarta edición, falando directamente con emprendedores como Dimas Búa e Tamra Orizales, con Fran Gorín, Toño González ou Pilar Trillo, que aproveitaron os 5 meses formativos para mellorar a súa oferta.

Onte, Norberto Penedo, Director da Área de competitividade do IGAPE e Silvana Facal, ADL do Concello de Cabana, daban a benvida aos 26 novos emprendedores -15 mulleres e 11 homes- a este espazo apoiado pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI). Emprendedores que desenvolverán, entre outras, iniciativas innovadoras de dixitalización da cadea de subministración, tapizados con materiais de última xeración ou servizos para o envellecemento activo.

NOVAS EMPRENDENDORAS

comentarios