Xoves. 28.03.2024
El tiempo

50 persoas, a cifra chave

50 persoas, a cifra chave
Preparandose para a Quedada BTT de Muxia-Foto- Bela Muxia Imaxe dunha Quedada diclista en Muxía

Temos pendente facer unha valoración da instauración e falta de cumprimento total da Lei de Espectáculos de Galicia. Pero esta semana viviuse na bisbarra unha situación paralela que afecta a organización de eventos.

En Camariñas uns 50 pescadores afeccionados convocaban unha Quedada de pesca. Unha cita, amateur, na que cada un chegaba a título particular e sen facer ningún tipo de seguro nin trámite administrativo. Anunciada en varios medios, os organizadores falaban desa cifra, 50 persoas, cifra clave para os membros de seguridade.

Xa noutros Concellos houbo que suspender algunha cita semellante (xa sexa triangular, torneo, ruta, maratón…) coa intención de facelo todo polo libro e evitar multas ou outros problemas. Todo por salvar “a cifra”: 50 persoas.

Así llo confirmaban altos mandos da Benemérita aos técnicos municipais en diferentes ocasións: Sempre que a convocatoria non supere as 50 persoas non se precisa nada, pero a partir de aí xa é concentración. Pero ollo, a trampa xa podería estar escrita. “Podes facer unha actividade para 50 persoas rubias ás 10:15h, outra para 50 morenos ás 10:30h…” Vaia, que sempre se pode ir diante da legalidade aproveitando os baleiros legais que deixa a normativa e asume a propia administración.

Que pasa se a cousa se vai das mans, e cando pensabas que a quedada ía ficar nos 40-45 participantes e de súpeto te atopas con 500 ás portas dun lugar? Pois que as forzas da orde xa non teñen máis remedio que axudar a controlar.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/como-afecta-a-nova-lei-de-espectaculos-publicos-aos-partidos-do-futbol-da-costa-e-outras-actividades-deportivas/ https://quepasanacosta.gal/os-7-seguros-podes-necesitar-para-organizar-un-evento-coa-nova-lei-de-espectaculos/ https://quepasanacosta.gal/como-afecta-a-nova-lei-de-espectaculos-publicos-as-verbenas-populares/

Comentarios