Venres. 19.04.2024
El tiempo

A APTCM focaliza esforzos nunha Xerencia, na formación e nun mapa xenérico

A APTCM focaliza esforzos nunha Xerencia, na formación e nun mapa xenérico
Un dos vellos folletos de APTCM Un dos vellos folletos de APTCM Importante momento para que a patronal do sector turístico da Costa da Morte dea un paso adiante. A APTCM, que forma parte do CMAT, o organismo que servirá de coordinador do sector turístico costeiro, vén de manter diversas reunións. O pasado 7 de febreiro mantiveron os membros da directiva a primeira xuntanza (esperan que de moitas) con Turismo de Galicia para tratar as liñas de acción a seguir neste ano 2017. E precisamente para ir perfilando ese camiño tamén tiveron unha xuntanza da propia directiva. Unha reunión na que se abordou un plan de acción que servirá de folla de ruta para vindeiros propósitos e liñas de actuacións. Entre os obxectivos máis destacados atopamos a procura dunha Xerencia profesional (loitando contra esa excesiva dose de voluntarismo que está protagonizando estes anos de traballo); ou a nova campaña de captación de socios polas comarcas de Bergantiños e de Soneira, ademais da fisterrá. Ademais a formación hostaleira tamén será unha das prioridades. A entidade vai intentar conseguir que todas as oficinas de turismo da zona estean abertas o maior tempo posible. Ademais, a curto prazo, unha das primeiras accións a realizar será a creación dun mapa xenérico e actualizado, para usar para a promoción turística, sendo esta unha petición directa dos socios. En canto a campañas concretas, andan buscando patrocinios para a promoción nas redes a través dalgún workshop ou blogtrip, con importantes blogueiros de peso na rede estatal.

Principais rutas de actuación

Estes son os principais propósitos para este curso:
  • 1. A procura dunha Xerencia profesional, cremos que unha xerencia profesionalizada e fundamental para o Xeodestino, trataráse reunirse con distintos organismos para conseguir a financiación para a xerencia.
  • 2. Nova campaña de captación de socios: propoñemos xuntanzas nos diferentes concellos para dar a coñecer a Asociación, quen somos, as nosas inquietudes e o noso proxecto de futuro para o Turismo da Costa da Morte. Teremos 4 reunións donde convocarase o sector da zona. En Ponteceso (Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso), en Carballo (Coristanco, Laracha e Carballo), en Cee (Carnota, Dumbria, Mazaricos, Fisterra, Muxia e Cee), e en Vimianzo (con locáis de Camariñas, Zas e Vimianzo).
  • 3. Búsqueda de sinerxias e convenios con entidades privadas e públicas para lograr a mellor formación e capacitación en postos de traballo, tanto para locais privados como públicos de interés turístico.
  • 4. Procurar que as oficinas de turismo estén abertas o maior tempo posible durante todo o ano.
  • 5. Accións por diferentes canáis tanto ON como OFF line para posicionar e dar a coñecer a marca “Costa da Morte”
  • 6. Ver a posibilidade de conseguir unha Central de Reservas, donde se compile os diferentes locais da Costa da Morte, con comisións baixas (como a marca blanca de Booking, ou propia), para facilitar a búsqueda de posibles clientes e o poder baixar as comisión dos Touroperadores.
  • 7. Procurar unha base de datos de clientes que xa visitaron a Costa da Morte, para poder crear campañas e incluso tarxetas de fidelización para estes (sempre dentro da lei de protección de datos).
  • 8. Procurar e apoiar todas aquelas actividades que desestacionalicen o turismo, liñas de acción para seguir apoiando o turismo deportivo ( senderismo, rutas BTT, cicloturismo, campionatos, surf, etc.), o turismo ornitolóxico, seguir potenciando o turismo cultural, etc… así como o poder desenrolar un turismo sostible con productos respetuosos como medio ambiente, como O Camiño dos Faros e o Monte Pindo parque natural, apoiando este tipo de iniciativas.
  • 9. Intentar potenciar o turismo gastronómico, procurando o achegamento dos productos de Km 0, aproveitar as sinerxias co GDR e entidades rurais, para dar a coñecer os productos da zona.
  • 10. Aproveitar a entrada no Cluster para incentivar accións con eles para a promoción da zona.
  • 11. Seguir asistindo a diferentes feiras de Turismo, tanto nacionais como internacionais.
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios