A cabanesa Alejandra Plaza, a mellor embaixadora galega en Frankfurt


Ademais da súa labor literaria, a cabanesa Alejandra Plaza ten unha volcación de embaixadora. Así o demostrou esta semana na recepción que tivo lugar no Instituto Cervantes de Frankfurt co gallo da celebración da Festa Nacional. Coa presencia do cónsul xeral de España, Álvaro Trejo Gabriel y Galán, e Ramiro Villapadierna, director do Instituto Cervantes, Alejandra Plaza, foi a responsable de respresentar á colonia galega nun evento destas características.
A escritora bergantiñá aproveitou a ocasión (ante ducias de directivos ou representantes de asociacións, empresas ou entidades financeiras españolas afincadas na demarcación consular) para promocionar a súa terra e velar polos intereses dos galegos e galegas no exterior e mostrar as inquedanzas do retorno. Ademais, como presidenta de embaixada.gal, presentou en público esta plataforma internacional que reúne a tódolos galegos espallados polo mundo que foi presentada oficialmente en Santiago en xullo deste ano no observatorio da nova diáspora dentro do calendario de actividades do Apóstolo de Santiago.