luns. 02.12.2024
El tiempo

A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR

A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR
Seguindo o Camino dos Faros-Foto-Adrian Varela A sinalización do Camiño dos Faros pasaría a ser a oficial coa homologación GR

Gran nova a que terá lugar este mediodía no pleno da Deputación da Coruña. A piques de cumplir xa 5 anos de vida, o Camiño dos Faros está a dar un paso fundamental para conseguir a consolidación, a eternidade. Dende decembro de 2014 leva a Asociación Camiño dos Faros intentando involucrar aos 9 concellos polos que pasa o sendeiro, á Deputación e á Xunta, nun mesmo equipo que pelexe pola homologación como “Ruta de Gran Percorrido GR”. E parece que o asunto colle forma.

Foron moitas reunións dende aquel 2014. Alí estiveron os trasn@s mantendo renións cos 9 concellos, a Diputación, a Xunta, técnico de carreiros, técnicos de conservación, asociacións turísticas… “todos receptivos desde o primeiro momento ao proxecto”. Todos receptivos pero pouco proactivos, quedando patente que de non ser pola sociedade civil, por eses bravos trans@s, un dos produtos turísticos estrella da nosa comarca non podería ser unha realidade.

En novembro de 2015 concellos e Deputación asinaban un convenio, que se corrobora este venres 27 de outubro do 2017 no pleno da Deputación da Coruña, o financiamento do 80% do proxecto presentado, e o apoio para levalo adiante, un total de 78.152 euros, para a realización dos estudos técnicos, definición, acondicionamento e sinalización dos sendeiros e a homologación da ruta coa Federación Galega de Montañismo.

Tocaralles de novo aos trasn@s, a sociedade civil, executar os estudos e traballos necesarios para dita homologación que están seguros vai cumprir o único fin para o que naceron: “Que O Camiño dos Faros exista e fágao moita xente co máximo respecto á natureza”.

Por que é fundamental a homologación GR

”Avalado polos técnicos de senderismo e medioambientaos correspondentes, este proxecto de homologación asegura uns estándares imprescindibles de seguridade, sinalización, mantemento e respecto á natureza”.

Iso si, os propios trasn@s xa lembran que aínda quedan dous pasos por dar: “primeiro, a homologación definitiva. E, segundo, a súa conservación para que o vexan así os netos dos netos dos nosos netos”.

 

Novas relacionadas

O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)

Fonte

Comentarios