A exposición Comarca Natural de Bergantiños xa está en Cabana
Xa está aberta no local social de Neaño, en Cabana, a exposición das imaxes galardoadas e participantes na I edición do concurso fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”, organizado pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños. Unha exposición que foi inagurada onte, na que participaron Alberto Martínez Pose, xerente do GDR Bergantiños; Carlos Allo Cundíns, Martín Martínez e Anxo Eiroa, concelleiro de obras e servizos, técnico de cultura e dinamizador turístico do concello de Cabana, respectivamente.
Uns dos que máis a disfrutaron foron os maiores, habituais no Local Social.
Os/as interesados/as poden visitar a mostra ata o 30 de xuño de 2012, no seguinte horario: de luns a venres de 16:00h a 20:00h; e os domingos de 16:00h a 20:00h.
Images of Rural Europe
Ademais, o GDR Bergantiños preseleccionou un total de 18 fotos da Comarca de Bergantiños, clasificadas en 6 categorías: Rural People, Rural Environment, Rural Employment, Rural Diversity, Rural Youth e Spirit of the Leader, e presentounas ao concurso fotográfico “Images of the Rural Europe” organizado por ENRD (European Network for Rural Development). >
Dende Bruxelas xa comunicaron que as obras se recibiron correctamente e que están sendo procesadas para ser subidas á páxina web www.ruralimages.eu e á espera de ser avaliadas polo tribunal de selección. A finais de xuño coñeceremos cales foron as obras galardoadas.
Novas relacionadas
- Costa da Morte: un espazo de rali… fotográfico.
- A mostra fotográfica “Comarca Natural de Bergantiños” segue percorrendo a bisbarra.
- O GDR escolla as 9 imaxes que mellor representan a beleza natural bergantiñá.
Fonte
- GDR Bergantiños.