Venres. 18.10.2019
El tiempo

O GDR escolla as 9 imaxes que mellor representan a beleza natural bergantiñá

O GDR escolla as 9 imaxes que mellor representan a beleza natural bergantiñá

Uns meses levaba en marcha a I Edición do Concurso Fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”. E xa temos, a falta de saber as posicións, ás 9 fotografías que mellor representan á beleza natural do norte da bisbarra. O GDR Bergantiños seleccionou, a través dun xurado técnico, as 6 fotografías premiadas e 3 accésit de entre as 193 fotografías presentadas polos máis de 30 concursantes.

Finalizada a selección por parte do comité avaliador, os/as concursantes tiveron a oportunidade de asistir a unha sesión formativa sobre aspectos técnicos das fotografías presentadas a concurso.
Queda pendente por determinar a data da entrega de premios que terá lugar na sede da Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños, sita no edificio do Centro Comarcal en Buño, e que se celebrará próximamente.

O tribunal estivo composto polos seguintes membros:

  • Xoan Villarmea. Fotógrafo profesional. Premio “Mellor fotógrafo profesional de España 2011”.
  • Xesús Búa. Fotógrafo profesional.
  • Luz Díaz. Profesora de pintura.
  • Marcos Rodríguez. Fotógrafo profesional.
  • Xosé Mª Varela. Presidente da Asociación Cultural Monte Branco e membro da Xunta Directiva do GDR Bergantiños.
  • Pablo Verdes. Fotógrafo profesional.

O xurado premiou a orixinalidade das súas perspectivas e encadres, así como a creatividade e a técnica empregada nas súas fotografías.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios