A tradición, a superación, a inclusión e o heroismo, premiados na Gala dos Carballeses do Ano


Había unha marea de nomes ilustres entre os candidatos. E finalmente os gañadores dos Premios Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano 2016 deixaron un sabor a historia, a cultura e a superación que demostran a incidencia destes premios. Uns galardóns que teñen case 40 anos de historia, que queren recoñecer a labor de persoas, entidades ou empresas que fan cousas pola nosa terra.
Este ano, o Padroado Fogar de Bergantiños quixo recoñecer a labor do tecido asociativo da comarca. Foron 3 as entidades premiadas, así como unha das mulleres do mundo cultural carballés máis queridas. A pintora Milagros Cotelo, todo un exemplo de superación persoal, compartiu o galardón de Carballesa do Ano coas Cantereiras de Verdillo, bravas mulleres que levan 25 anos, como eixo fundamental da música popular na comarca, recuperando e transmitindo a nosa música tradicional.
O premio do Bergantiñán do Ano recaeu na Asociación Íntegro, pola súa infindade de accións que realiza para a integración das persoas con mobilidade reducida da comarca no mundo laboral, así como polo traballo pola normalización da diversidade na nosa sociedade.
Ademais, e xa en clave de país, Salvamento Marítimo foi recoñecido como “Galego do Ano”, polo seu incansable labor como heroes salvavidas.




Novas relacionadas
- Nominados 2017: Nomes ilustres entre os 20 nominados aos premios Bergantiñáns do Ano do Padroado.
- Bergantiñáns do ano 2016: Unha de Chocolate Mariño e un trío para os Premios de Carballés e Bergantiñán do Ano.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).