Convocan unha Cadea humana para este venres en Cee polo Día Mundial do Cancro de Mama

14:33 14/10/25
Este venres 17 de outubro ás 12:00 h, a Praza 8 de marzo, da Muller acollerá unha cadea humana organizada pola Xunta Local da AECC en Cee, en apoio ao Día Mundial do Cancro de Mama, que se conmemora o domingo.
O acto contará coa participación de escolares, voluntarias e veciñanza, nun xesto simbólico de unión e visibilidade. O rosa estará presente como cor representativo, pero o verdadeiro protagonismo será o da mensaxe compartida: a forza da comunidade ante unha causa que nos implica a todas as persoas.