A Xunta tamén constata as eivas medioambientais do parque eólico Mouriños


Foron numerosas as entidades conservacionistas que alzaron a voz dende o pasado mes de xullo contra o proxecto do Parque Eólico de Mouriños, que afcta principalmente a Cabana e tamén lixeiramente a Zas.
Unhas críticas que chegaron á Valedora do Pobo, e das que tamén se fixeron eco os membros do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña, entidade dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, que alertou de varias eivas no proxecto ambiental do parque eólico Mouriños. Foi a Asociación Salvemos Cabana a que presentaba alegacións contra o informe de impacto ambiental, e a Xunta así o recolle.
O Servizo de Conservación da Natureza incide na “limitación nos estudos de fauna efectuados no estudo ambiental presentado en relación coa detección de especies protexidas” coma o alcaraván común, varios tipos de morcego, gataformela, a tartaraña e a escribenta das canaveiras. Sinalan ademais que deberían ter en conta as 6 especies que poderían star en perigo de extinción e outras 4 en estado “vulnerable”.
O ente tamén destaca a ”ausencia de análise de avaliación“ no estudo ambiental presentado debido á proximidade dunha Zona Especial de Conservación (ZEC) e unha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Fai referencia á ”ausencia de fiabilidade“ do texto presentado ”no que respecta ao estudo de colisións das aves e morcegos contra os aeroxeradores“, e á ”falta de argumentos en relación a unha afirmación de gran calado recollida no estudo ambiental, relativa a que o ruído producido polos aeroxeradores -de 110 decibelios segundo o proxecto da empresa-, non terá ningunha incidencia na fauna, nin na súa distribución nin no seu comportamento“.
Por todas estas cousas, para as asociacións Salvemos Cabana, Petón do Lobo, Ouriol do Anllóns, e Cova Crea, “isto demostra que, do mesmo xeito que o proxecto eólico Pena Forcada-Catasol II en Laxe, o Mouriños, entre Cabana de Bergantiños e Zas é ambientalmente inviable e, de autorizalo, o Executivo galego arríscase a arruinar para sempre unha zona que destaca polos seus elevados valores ambientais, paisaxísticos e patrimoniais”.
Novas relacionadas
- Abril 18: Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme.
- Febreiro 18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte.
- 9-02-18: Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca.
- 05-02-18: Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia.
- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 2017: A repontenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados
- Setembro 2017: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 2017: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: En Marea oponse aos parques eólicos de Cabana e Laxe.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: Fotodesfeita: Pintadas non.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 2017: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un Castelo medieval contra a invasión dos viraventos.
- Febreiro 2016: O Catálogo da Paisaxe abre o prazo de alegacións e alonxa aos eólicos de Laxe.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
Outras novas eólicas
- Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).