Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para un curso de formación para coidadores de persoas con demencia neuro dexenerativa en Cabana

CARTEL_COIDADOS_COMPARTIDOS
Aberto o prazo de inscrición para un curso de formación para coidadores de persoas con demencia neuro dexenerativa en Cabana

Durante o mes de abril, o Centro de Maiores de Cabana acollerá o curso ‘Coidados Compartidos’, unha serie de catro xornadas, que terán lugar os mércores 3, 10, 17 e 24, de 16:00 a 18:00 horas, coa finalidade de formar a aquelas persoas que teñen ao seu cargo a outras
con demencia neuro dexenerativa.

Estas formacións buscan aportar aprendizaxes específicas para aqueles profesionais, familiares ou convivintes que desexen implementar novas ferramentas para os coidados das persoas con demencia neuro dexenerativa. 

O Concello de Cabana de Bergantiños e AFABER, xunto con FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia), CEAFA Galicia (Confederación española de Alzhéimer) e o Festival da Luz, organizan esta serie de sesións formativas dirixidas ás e aos coidadores de persoas maiores ou doutras idades con necesidades especiais, debido a unha demencia neuro dexenerativa que afecte á memoria ou inflúa á hora de desenvovler actividades da vida cotiá, como é o caso das persoas con alzhéimer.

As inscricións poderán realizarse tanto no departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana de Bergantiños, cuxo teléfono de contacto é o 981 754 020, ou no local de AFABER (625 980 691).

Comentarios