Venres. 26.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para o curso de limpeza de Íntegro

Curso Limpeza en Integro
Aberto o prazo de inscrición para o curso de limpeza de Íntegro

A Asociación Íntegro lanza unha acción formativa, dirixida a persoas con disCapacidade e en situación de desemprego, no marco da convocatoria de axudas económicas a proxectos de reforzo da empregabilidade de
persoas con discapacidade “UNO a UNO" e financiado polo Programa Operativo POISES 2014-2020, co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).

Trátase dun obradoiro de “limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”, de 284 horas de duración, que dará comezo o vindeiro día 26 e prolongarase ata o 12 de maio

Incluirá formación teórica específica en materia de limpeza así como as correspondentes sesións prácticas en empresas. Ademais, levarase a cabo un programa de aprendizaxe transversal e de apoio na posterior busca activa de emprego para promover a inclusión laboral deste colectivo.

Inscrición

As persoas interesadas en participar nesta formación deberán ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33% e atoparse en situación de desemprego e/ou inactividade. Os interesados/as poderán obter máis
información chamando ao 981 734 985, de luns a venres en horario de 09.00 a 17.00 horas, ou enviando un mail ao enderezo electrónico [email protected]. O 10 de xaneiro arrincarán as primeiras entrevistas do proceso de selección de candidatos/as.

Comentarios