Luns. 14.10.2024
El tiempo

O alumnado cabanés coñece o seu pasado no Castro de Borneiro

Lino Gorgoso Visita escolar Castro Cabana2
Lino Gorgoso foi o encargado de dirixir a visita
O alumnado cabanés coñece o seu pasado no Castro de Borneiro

Inconcebible semella que os centros de ensino da comarca non aproveiten a nosa riqueza patrimonial para coñecer de preto a nosa historia. Así están, por exemplo, elementos como o Castro de Borneiro, que apenas reciben visitas escolares ao longo do curso. Por iso cómpre salientar esta iniciativa que levou ao alumnado de ESO do CPI As Revoltas ata un dos máis importantes castros que hai excavados no noso país.

Foi o arqueólogo Lino Gorgoso o encargado de facerlles a viaxe pola nosa historia durante unha visita que serviu para comprobar os últimos traballos de restauración executados no recinto arqueolóxico. Uns traballos que apenas serviron para facer un desbroce, e reforzar unha pasarela de madeira.

A programación incluíu unha sesión formativa no recinto arqueolóxico onde a rapazada coñeceu os resultados dos últimos traballos de restauración, que incluíron a reconstrución de muros, lenzos caídos e a limpeza da súa contorna.

Visita escolar Castro Borneiro Cabana1

Novas relacionadas

Comentarios