Aprobado un investimento de 1,3 millóns de euros para o abastecemento de Nantón e Anos
A seca segue provocando que a Xunta comece a tomar cartas no problema de abastecemento. Así, vén de asinar un convenio co Concello de Cabana de Bergantiños para dotar de abastecemento os núcleos de Nantón e Anos e garantir o subministro ao municipio e ao futuro parque industrial.
O Goberno galego achegará o 90% do orzamento, máis de 1,22M€ e executará as obras, que o Concello cofinanciará con máis de 136.000 €, o 10% restante, ademais de poñer os terreos á disposición
A Xunta prevé licitar as obras no último trimestre do ano para iniciar os traballos a comezos de 2024, cun prazo de execución de 12 meses
As obras consisten na creacón dunha nova captación de auga no río Anllóns, unha potabilizadora e intervencións para completar os traballos que blinden o subministro na zona