Martes. 23.04.2024
El tiempo

Arrincaron as obras de ampliación do Centro de Recursos de Íntegro

Obras centro recursos integro
Arrincaron as obras de ampliación do Centro de Recursos de Íntegro

Non para de crecer. A Asociación Íntegro, con 30 anos recén cumplidos, segue aumentando a súa incidencia tanto na comarca como en toda a provincia. Así darán conta na asemblea xeral ordinaria que terá lugar este sábado a partir das 16:00h nas instalacións de Nantón.

Unhas instalacións que estes días están xa en obras, pois están creando un novo volume rectangular de 110 metros cadrados ao carón da fachada principal, permitirá ampliar algunhas dependencias actuais como a aula ocupacional, a cociña, o vestiario e os aseos.

Os meirandes beneficiados serán, sen dúbida, os 45 usuarios/as do centro de Nantón, na súa maioría persoas con discapacidade intelectual da Costa da Morte, que desenvolven a súa vida no centro.

Estes traballos, que teñen como prazo máximo de execución o 30 de abril de 2023. O proxecto, que ascende a 180.339,35 € e realizarase en dúas anualidades, conta co financiamento de varias institucións públicas e entidades sociais. Por unha banda, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia subvencionará, a través de COGAMI, o 43% do gasto grazas aos fondos do 0.7% do IRPF procedentes do cadro 106 de “Actividades de Interese Social” da declaración da renda. Por outra banda, a Deputación Provincial da Coruña aportará o 37% con cargo á Convocatoria FOIE 21-22 mentres que a Fundación ONCE investirá o 8%, a través do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE).

ovas relacionadas

Comentarios