A artista carballesa Laura Tova celebra os seus 10 anos cunha exposición en Dombate
12:33 05/11/24
O Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate acollerá este xoves, 7 de novembro, ás 12:00 horas, a inauguración da exposición ‘Unha muller, un paxaro e unha flor’, coa que Laura Tova celebra os seus dez anos como ilustradora.
Nesta exposición dos seus traballos ao longo dos anos, Laura Tova aborda todo o seu percorrido na profesión dende o ano 2014, mostrando obras que realizou desde ese ano ata a actualidade, así como as principais dificultades atopadas durante o camiño e os seus próximos pasos a seguir nunha carreira que xa é envexable.
A autora defínese persoal, como unha contadora de historias que, coa ilustración como ferramenta, e a través dun estraño equilibrio entre o doce e o salvaxe, consegue converter o cotián en onírico.