Mércores. 08.05.2024
El tiempo

As actividades culturais volven a Cabana coa primavera

As actividades culturais volven a Cabana coa primavera
programacion cultural primavera cabana As actividades para todos os públicos enchen o programa cultural do concello de Cabana de Bergantiños para esta primavera. As citas - dúas por mes - repártense entre o auditorio municipal e dolmen de Dombate. A primeria das convocatorias é o domingo 10 abril, ás 18 horas, cun encontro con "As nosas músicas" no auditorio do concello. Felipe Senén encargarase de falar sobre o "Centenario de Manuel Lema Otero" nun acto que terá lugar tamén no auditorio municipal o 14 de abril ás 13 horas. Maio comeza cunha ruta de "Arqueociclismo polo chan de Borneiro". A convocatoria, dirixida a todos os públicos que leven bici, é o domingo 1 de maio ás 11 horas no dolmen de Dombate. Tamén en maio, o día 29, terá lugar no auditorio a clausura da escola municipal de teatro. A escola municipal de música pechará o seu ano académico do 5 de xuño ás 18 horas, no auditorio municipal, ofrecendo un espectáculo de clausura. A programación cultural do concello de Cabana para a primavera remata o 21 de xuño - ás 11 horas - coa celebración do solsticio do verán no dolmen de Dombate. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios