Martes. 10.12.2019
El tiempo

As Reválidas volven baleirar as aulas dos colexios da Costa da Morte

As Reválidas volven baleirar as aulas dos colexios da Costa da Morte
Imaxe dunha concentración de 2016 contra as Reválidas Imaxe dunha concentración de 2016 contra as Reválidas-Foto_Rafa Quintáns Este mércores 23 de marzo comezaban as tan famosas e polémicas Reválidas nos centros de ensino de todo o país. Os primeiros en pasar esta proba eran os cativos de 3º de Primaria, de tan só 8 e 9 anos, e a semana que vén tocaralles aos de 6º de Primaria e aos de 4º da ESO. Pero veremos como se desenvolven estes exames, pois parece que, alomenos na comarca, están funcionando as campañas informativas das FEDANPAS, incitando aos pais e nais a non levar aos seus nenos a facer estas inxustificadas probas de nivel, e criticando esta “inxusta e inxustificable LOMCE”. Os datos de asistencia na comarca son rotundos. A Comunidade educativa rexeita, como nos pasados 20172016, as Reválidas, ficando na casa máis do 80-90% dos rapaces que estaban chamados a acodir ás aulas.
CentroConcelloAlumnos que asistironPorcentaxe de asistencia
CEIP Eugenio LópezCee4 de 587%
CEIP Ponte do PortoCamariñas12 de 2548%
CEIP Praia de QuenxeCorcubión0 de 14 0%
CEIP Areouta de SardiñeiroFisterra0 de 10%
CEIP Labarta Pose Zas0 de 100%
CEIP Santa EulaliaDumbría 2 de 1118%
CEIP Eduardo PondalPonteceso3 de 1916%
CEIP FogarCarballo12 de 8414%
CPI As Revoltas Cabana1 de 157%
CEIP MilladoiroMalpica0 de 150%
CEIP A CristinaCarballo0 de 200%
CEIP de CarnotaCarnota0 de 250%
CPI A PicotaMazaricos0 de 40&
CPI Canosa-RusCarballo0 de 160&
CEIP Mar de Fóra Fisterra0 de 130%

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios