![O centro arqueoloxico de Dombate acolleu hoxe a presentacion da programacion cultural]()
O centro arqueolóxico de Dombate acolleu hoxe a presentación da programación cultural
O dolmen de Dombate, a Cibdá, San Fins do Castro e Riobó volverán a ser os protagonistas das actividades culturais que vén de presentar o concello de Cabana para os vindeiros meses. O acto de presentación tivo lugar hoxe, no centro arqueolóxico de Dombate nun acto ao que asistiron Pablo Cayado, Iván Villaverde - membros do
staff técnico da IV Más talento-, Silvia Losada - dinamizadora cultura e monitora de teatro -, Martín Martínez - técnico de cultura e xuventude- e José Muíño - alcalde de Cabana-.
A oferta é do máis variada e hai actividades para todos os públicos. Unha das novidades é o
I simposio internacional de cantería que terá lugar no dolmen de Dombate entre o 15 e 17 de xullo. Os amantes da música e do baile tradicional terá dúas citas importantes este verán en Cabana. A primeira foliada será o 17 de xullo en Borneiro como anticipo ás festas do Carme do Briño. e A outra, a
primeira Foliada Farrapeira, será o 25 de xullo, a partir das dúas da tarde, no campo de san Fins do Castro, en Cesullas.
Volve de novo o
Castro Animado e as visitas guiadas, tanto de noite o como de día, ao centro arqueolóxico de Dombate. De xullo a setembro, haberá
visitas guiadas de luns a domingo de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Mentras que nas noites de todos os venres de xullo e agosto ofreceranse visitas guiadas con inscrición previa no 657 05 48 80. O horario é de 23 a 00 horas.
Agosto comeza cun dos días grandes do concello de Cabana: a
romaría de San Fins do Castro, en Cesullas. Tamén se repite a
ruta das estrelas, que será o 11 de agosto ás 22 horas, con
Jorge Mira como guía. Xa o día 13, a parroquia de
Riobó trasládase ao medievo coa tradicional prevoda e a cita coa artesanía, gastronomía,....
O dolmen de Dombate volve a ser o protagonista da programación os días 7, 14, 21 e 28 de setembro xa que acolle o
I simposio dolmen de Dombate. E o broche final do programa cultural e deportivo deste verán será o 24 de setembro, coa I
II carreira popular.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Cabana