Luns. 29.04.2024
El tiempo

A cabanesa Alejandra Plaza, na Gala dos Premios Editorial Círculo Rojo

  • A colaborad desta casa amosará o seu libro autoeditado “Unha viaxe pola infancia”
Alejandra Plaza en Laxe
A cabanesa Alejandra Plaza, na Gala dos Premios Editorial Círculo Rojo

No mundo da literatura e da cultura preséntase como un evento destacado a décima edición dos Premios Editorial Círculo Rojo. Esta gala anual, que homenaxea a autores e escritores destacados do panorama literario, contará coa participación da xornalista e escritora cabanesa, colaboradora desta casa, Alejandra Plaza. O seu último traballo, “Unha viaxe pola infancia” e unha promoción de moda con selo galego, catapultárona ao escenario dos Premios Círculo Rojo, que terán lugar o 29 de setembro no Teatro Auditorio de Roquetas de Mar, Almería.

Este evento é especialmente significativo, xa que coincide co 15 aniversario da Editorial Círculo Rojo, un selo líder da autoedición que deixou unha pegada indeleble no mundo da edición literaria. Ao longo destes anos, a editorial demostrou o seu compromiso coa cultura e os seus autores, abrindo novas oportunidades e camiños aos escritores emerxentes.

A gala dos Premios Círculo Rojo é unha ocasión na que destacadas personalidades da cultura e da televisión españolas se reúnen para celebrar a literatura e o talento dos autores. Figuras como Máximo Huerta, Christian Gálvez, Juan Ramón Lucas, Nadia de Santiago, Nerea Camacho, Lorena Gómez, Enrique Arce, Paco Tous, Itziar Castro, Ángela Cremonte, Eva Isanta ou José Luis Gil percorreron a alfombra vermella deste evento en edicións anteriores.

O actor Jesús Olmedo e a xornalista e editora Raquel Martínez terán a honra de guiar aos asistentes a través dunha noite chea de maxia e amor pola cultura, onde se esperan sorpresas e momentos especiais para conmemorar esta décima edición.

Segundo Alberto Cerezuela, director e fundador da Editorial Círculo Rojo, esta edición promete ser única. A editorial foi pioneira en profesionalizar a autoedición, crear premios literarios e ofrecer unha plataforma.

MÁIS ARTIGOS DE ALEJANDRA PLAZA DENDE A DIÁSPORA


 

Comentarios