Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Un coche e un tractor calcinados no incendio dun galpón en Leas

Incendio urbano en Leas-Cabana
Un coche e un tractor calcinados no incendio dun galpón en Leas

Esta pasada noite de martes, arredor das 20:30h, rexistrábase un incendio urbano no lugar de Leas, parroquia de O Esto, Cabana de Bergan!ños. Un galpón con varios vehículos no seu interior estaba ardendo.

Os Bombeiros de Carballo, GES de Ponteceso e Garda Civil, comprobaron que o incendio estaba afectando a 1 coche, 1 tractor de tamaño pequeno, varios apeiros do tractor e unha morea de leña apilada. Os Bombeiros de Carballo e os do GES traballaron conxuntamente para extinguir a abundante leña que había.

Tanto o coche como o tractor quedaron completamente calcinados. A estrutura do galpón así como a cuberta tamén resultaron afectadas polo lume.

Afortunadamente non houbo persoas feridas, pero os corpos de seguridade descoñecen a orixe do lume.

Comentarios