Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Critican o abuso no estacionamento na praza do Pendón de Cabana

mal aparcado na praza do Pendon
Así estaba a praia do Pendón ás 19:00
Critican o abuso no estacionamento na praza do Pendón de Cabana

Malia que hai un sinal de prohibido estacionar ben clara, ninguén fai nada por evitar estes abusos na zona da praza do Pendón, en Cabana de Bergantiños.

Vehículos estacionados en calquera lugar dificultan as manobras tanto para baixar lanchas, motos de auga ou mesmo piraugas, que queren disfrutar, sen obstáculos, do esteiro do Anllóns.

Unha situación que se repite pola semana, pero que se complica, aínda máis, nas fins de semana, onde chegan a estacionar no cruzamento de arriba, dificultando as manobras dos que veñen da calle do centro medico ou da zona donde esta a Casa das Mariscadoras.

A veciñanza pide un pouco de respecto aos condutores e un pouco de control ao Concello.

Comentarios